A Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) da Galiza inaugura mañá unha nova edición de ‘Dramaturxias itinerantes’, que protagonizan a galega Esther F. Carrodeguas e a portuguesa Cecília Ferreira.
Esta nova entrega do proxecto no que colaboran o Consello da Cultura Galega (CCG), o Instituto Camões-Centro Cultural Português de Vigo, a ESAD da Galiza e a Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (Esmae) de Porto desenvolverase hoxe, na ESAD de Vigo, e mañá na Esmae de Porto.
O ciclo teatral, que ten como obxectivo “promover o encontro entre creadoras galegas e portuguesas”, suma a súa quinta edición coa vontade de “achegar un maior coñecemento sobre a escrita teatral máis contemporánea da Galiza e de Portugal”. Nesta ocasión, as obras escolmadas son Supernormais, de Carrodeguas, e Dionísia, de Ferreira. Após a representación das obras, haberá unha conversa coas autoras moderada pola profesora da ESAD da Galiza Vanesa Sotelo.
Fonte: nosdiario.gal, 17 Janeiro 2023
Leia o artigo original aqui.